Evento: Os temas da arte. A arte e a historia da moda no século XX

  • Os temas da arte. A arte e a historia da moda no século XX
  • Curso de arte “A arte e a historia da moda no século XX” no Museo de Belas Artes de Coruña. Fragmento de Juventud (1948), de Julia Minguillón (depósito do Círculo de Bellas Artes de Madrid). Museo de BBAA da Coruña
mércores, 18 abril, 2018 - 18:30
Museo de Belas Artes
, A Coruña

Os temas da arte. A arte e a historia da moda no século XX

Unha reflexión sobre o papel que tivo a arte no deseño e a concepción da moda en diferentes períodos do século pasado

O curso, de carácter anual pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado que busque aspectos diferentes para achegarse á Historia da Arte.

Nesta ocasión, os mércores de cada mes entre o 11 de abril e o 9 de maio, percorreranse os distintos aspectos do mundo artístico que influíron no deseño e a concepción da moda, dende as influencias orientalistas do vestiario do ballet Scheherezade, estreado por primeira vez en 1910 na Ópera de París, pasando polas consecuencias das dúas Guerras Mundiais no campo do vestiario, ata as colaboracións de distintos grafiteros con grandes casas de moda dende os anos 80.

O curso contará cun total de cinco sesións (dunha hora de duración), durante as que se abarcarán os seguintes aspectos:

11 de abril: A influencia dos ballets rusos na moda do século XX

18 de abril: Deseñadores e surrealismo, as colaboracións artísticas dos anos 20 e 30.

25 de abril: O bikini, o new look e o glamour de Hollywood.

2 de maio: A revolución da minisaia.

9 de maio: A arte urbana e a moda, últimas tendencias.

Profesora: Mónica Rey Cabezudo

O curso conta coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo e coa da Deputación da Coruña.

Prazas limitadas con inscrición previa

Matrícula: 15 € (Amigos do Museo: 10 €)

RESERVA DE PRAZA:

. Desde a páxina web

. Por correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal

. Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 10:00 a 14:00)

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Xornadas de autoprotección femenina
Xornadas de autoprotección femenina
23 de marzo a 6 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
II Xornadas de Novela Histórica
29 de marzo a 30 de marzo
Biblioteca Pública Municipal de Verín
Isabel Zendal, a expedición Balmis e os nenos da vacina_Biblioteca Pública da Coruña MG Garcés
Isabel Zendal: a expedición Balmis e os nenos da vacina
29 de marzo
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A saúde na cooperación ao desenvolvemento e a acción humanitaria
10 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal