Evento: Terra Máxica

venres, 16 marzo, 2018 (hora sen determinar) a domingo, 15 abril, 2018 (hora sen determinar)
Casa da Cultura de Allariz
, Allariz

Terra Máxica

Festival de maxia de Ourense

A terceira edición de Terra Máxica terá lugar do 16 de marzo ao 22 de abril en diversos escenarios de seis concellos da provincia de Ourense: Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, Viana do Bolo e Verín.

Terra Máxica comeza este ano en Allariz cunha charla formativa do Mago Teto, A incrible historia da maxia. O domingo 18 o Mago Teto estrea, tamén en Allariz o seu novo espectáculo Alquimia

Esta iniciativa, organizada polo Mago Teto e Culturactiva S. Coop. G., mantense grazas ao traballo en rede dos concellos participantes, nun esforzo por achegar a cultura á cidadanía, non só nos grandes escenarios, senón noutro tipo de espazos, e por dinamizar máis aínda a vida cultural destes concellos a través das artes escénicas, máis en concreto, con maxia de primeiro nivel.

Máis eventos de tipo Festival

Bar-Tolo Is Not Dead
9 de xuño a 29 de decembro
Sala Malatesta
FIOT Carballo
FIOT - Festival Internacional Outono de Teatro
28 de setembro a 31 de outubro
Varios espazos da vila
AMAL 2018
Semana Internacional de Cine Euroárabe AMAL
9 de outubro a 28 de outubro
Fundación Araguaney-Ponte de Culturas
Galicreques
Festival Internacional Galicreques
13 de outubro a 21 de outubro
Varios espazos da vila