Evento: A voltas coa posverdade
A voltas coa posverdade
luns, 19 marzo, 2018 - 12:30
Salón de actos do Pazo de San Roque,
Santiago de Compostela A voltas coa posverdade
Relatorio a cargo do profesor Darío Villanueva, actual director da RAE
Trátase da conferencia inaugural do programa de actos conmemorativo dos 25 anos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).
O programa completo incluirá cinco citas: esta conferencia e catro xornadas cuxa asistencia certificará a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do CRPIH. Para obter esta certificación cumprirá facer inscrición previa de balde no web institucional do CRPIH a partir do mércores 21 de marzo.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso