Evento: Un mar de Verne a Vigo

Un mar de Verne a Vigo
mércores, 18 abril, 2018 - 20:00
Pub O Acuario,
Vigo

Un mar de Verne a Vigo

Charlas científicas arredor da figura de Jules Verne e a relación coa vila de Vigo

Para celebrar o 150 aniversario do Nautilus en Vigo, e o 140 da primeira visita de Verne á cidade, a Sociedade Hispánica Jules Verne e o Campus do Mar organiza Un mar de Verne a Vigo, coa participación da Universidade de Vigo, o Centro Oceanográfico de Vigo (IEO) e o Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC).

Este é un ciclo de divulgación, formado por catro charlas científicas, en catro mércores correspondentes aos meses de febreiro, marzo, abril e maio. Durante unha hora, destacados investigadores axudarannos a descubrir os segredos da ría de Vigo, tal e como o fixo hai 150 anos o capitán Nemo na novela de  Jules Verne.

O formato destas charlas científicas no pub permiten un ambiente distendido que facilita o diálogo, as preguntas e o debate cos asistentes. Ademais, todas as charlas van acompañadas de proxeccións audiovisuais, nas que poderemos descubrir desde os fondos da ría de Vigo ata os tesouros das illas Cíes.

As datas e charlas previstas son as seguintes:

Mércores, 7 de febreiro: A ría de Vigo a bordo do Nautilus. O biólogo Manuel E. Garci, do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC), proponnos un paseo submarino pola ría de Vigo, contemplando o mesmo paisaxe que o capitán Nemo a bordo do Nautilus. Garci, gañador de numerosos premios de cinema submarino, mostraranos imaxes dos fondos de Rande, onde se mergullaron os mergulladores de Nemo en 20.000 leguas de viaxe submarina. Desta novela falaranos a  oceanógrafa Lara García Alves, tamén do CSIC de Vigo, que analizará a gran diversidade de especies que aparecen neste clásico da literatura onde non só o  kraken é o protagonista.

Mércores, 4 de abril. A fauna de Verne. Dous  zoólogos van achegarnos á fauna submarina que Jules Verne describe en 20.000 leguas de viaxe submarina. Jesús Troncoso, da Universidade de Vigo, achegaranos aos peixes que coñeceu o capitán Nemo, mentres que Anxo Guerra, do CSIC, falaranos do mítico kraken, a lura xigante que atacou ao submarino Nautilus nunha pasaxe da novela. A charla de divulgación completarase con imaxes dos exemplares de lura xigante estudados por Anxo Guerra nos últimos anos. 
 
Mércores, 18 de abril. Así era a ría de Vigo hai 150 anos. Unha viaxe no tempo para coñecer como era a ría de Vigo e a súa contorna cara a 1968, o ano en que o Nautilus visitouna na novela 20.000 leguas de viaxe submarina. A través de cartografía antiga e de imaxes de diversas épocas, coñeceremos como cambiou a ría viguesa no último século e medio. O responsable será Gonzalo Méndez, profesor da Universidade de Vigo.
 
Mércores, 9 de maio. Un mar de cores para o Nautilus. Charla científica centrada en curiosidades sobre as algas que menciona Jules Verne en varias das súas obras, en especial dúas especies de microalgas que aparecen en 20.000 leguas de viaxe submarina: noctiluca e trichodesmium, que contan coa particularidade de tinguir a auga do mar ou de producir bioluminiscencia. Francisco Rodríguez, investigador do Centro Oceanográfico de Vigo (IEO) guiará este de paseo polos fondos mariños, xunto aos mergulladores do capitán Nemo, para coñecer estas dúas especies fascinantes.

A entrada ás charlas científicas é libre e gratuíta ata completar o aforamento.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
Presentación libro
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense