Evento: Peza do mes: Virxe do Carme. Pazo de Alongos (Toén)

  • Peza do mes: Virxe do Carme. Pazo de Alongos (Toén)
  • Portada da publicación da Peza do Mes
mércores, 14 marzo, 2018 - 20:00
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
, Ourense

Peza do mes: Virxe do Carme. Pazo de Alongos (Toén)

Presentación pública e conferencia para afondar no coñecemento dunha peza pertencente ao fondo artístico do Museo

Preséntase unha talla que presidía o retablo da capela do pazo ou Casa Grande situada no barrio de Outeiro en Alongos (Toén, Ourense), coñecida despois como Casa de Saco por ter nacido nela o presbítero humanista Juan Antonio Saco y Arce (1812-1881).

A talla representa á Virxe do Carme, imaxe titular a quen se dedica a capela, tallada en madeira, dourada e policromada.  Pódese documentar tanto a escultura como o Pazo ao que pertencía ao través da abondosa documentación que se custodia no Arquivo Provincial de Ourense. Isto permite, entre outras cousas, datar a imaxe e o retablo, que tamén se atopa nas salas de reserva do Museo dende 1967.

Coma cada mes, o Museo fará unha presentación pública, na que a peza será tratada dun xeito pormenorizado, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc. na procura da revalorización do obxecto.

Ademais da súa presentación pública, edítase un folleto na web do museo (www.musarqourense.xunta.es) no que mensualmente un especialista ou investigador da a coñecer a historia particular, o contexto histórico e as características formais e de estilo desta peza.

A presentación, neste caso, correrá a cargo de Belén Lorenzo Rumbao, técnica do Museo Arqueolóxico.

A peza permanecerá exposta todo o mes na Sala da exposición "Escolma de escultura" en San Francisco (Ourense). 

Acceso gratuíto.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Montes, territorio e paisaxe
27 de setembro a 28 de setembro
Consello da Cultura Galega
Memorias (con historias) da Ulloa
29 de setembro
Parladoiro de Arqueixal
I Xornada de Bibliotecas Públicas
26 de outubro
Cidade da Cultura de Galicia