Evento: Entre a comunicación e a arte
Entre a comunicación e a arte
A segunda xornada do ciclo Entre... e a arte, Entre a comunicación e a arte, aborda a visión da arte desde os coñecementos en Ciencias Sociais e Comunicoloxía. A cuestión é, como apuntan os organizadores, a de reflexionar sobre as imaxes artísticas desde a circulación das imaxes en xeral, non necesariamente artísticas, nos medios, nas redes sociais e en internet.
Terá lugar o xoves, 5 de abril de 2018 no Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela). Organizada pola Sección de Creación e Artes Visuais do Consello da Cultura Galega, coordinada por Manuel Quintana Martelo, esta sesión realizarase baixo a coordinación de Miguel Fernández-Cid, Jesús Pastor e Asunta Rodríguez.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso