Evento: Música en feminino

Música en feminino
martes, 6 marzo, 2018 a martes, 17 abril, 2018
Cidade da Cultura,
Santiago de Compostela

Música en feminino

Día Internacional da Muller no Arquivo de Galicia

Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, un ano máis, o Arquivo de Galicia seleccionou entre os seus fondos unha pequena mostra de documentos. Esta vez están centrados na muller e a música, de aí o título Música en feminino.

Trátase dunha trintena de pezas, entre documentos textuais, fotografías ou partituras, que ilustran a importancia da música na formación das fillas das clases medias burguesas dos séculos XIX e XX, así como as posibilidades que a música lles ofreceu ás mulleres no ámbito da actividade profesional.

As pezas seleccionadas mostran as figuras de mulleres como Nemesia Courtier (profesora de música na Escola de Música da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago), María Morelli (cantante), Pilar Monterde (bailarina e profesora no conservatorio de Danza de Madrid), Sada Yako (actriz e bailarina) ou Elisa Grandío, membro da Orquesta Ibérica.

A exposición inaugúrase o día 6 de marzo ás 10 horas no corredor central do edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia e permanecerá ata o día 17 de abril.

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura