Evento: As artes festivas da Artística
As artes festivas da Artística
A Banda Artística de Merza, fundada en 1828, acumula na súa traxectoria 190 anos ininterrompidos sonorizando as festas e eventos culturais de Galicia. É considerada a máis antiga de Galicia.
Durante a súa traxectoria, esta institución musical programou repertorios adaptados a cada contexto, época, festa e ás necesidades e gustos das xentes de cada etapa e de cada lugar de Galicia. Esta situación resúmese con 190 anos de música na rúa, percorrendo un abanico de repertorio realmente amplo.
A agrupación quere celebrar o seu 190 aniversario con diversas actividades. Na xornada As artes festivas da Artística, a banda rende homenaxe ás comisións de festas cun desfile polas rúas e un concerto.
No programa presentan un repertorio que percorre distintas etapas das festas das bandas galegas. Se trata de reunir a variedade estilística coa pluralidade de gustos do público actual: música galega folclórica, transcrición orquestral, partituras jazz, estilos latinoamericanos, arranxos de rock, linguaxe romántica española, ou o emprego da gaita como instrumento solista.
Máis eventos de tipo Concerto