Evento: Día do Guía de Turismo
Día do Guía de Turismo
O 21 de febreiro é o Día do Guía de Turismo, que a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia celebrará cunha serie de visitas guiadas polas cidades galegas. As visitas serán gratuitas e abertas a todo o mundo, aínda que poderanse entregar donativos ao peche que irán destinados a diferentes ONGs galegas.
En Ourense o punto de encontro será a Oficina Municial de Turismo, nos Xardíns do Padre Feijoo, e haberá unha visita á ciudade histórica (11) e unha á catedral (16.30). En Santiago o punto de encontro será a Praza de Praterías, cunha visita á cidade histórica (12) e outra á catedral (16.30). Na Coruña, haberá unha visita á cidade vella que sairá da Estatua de María Pita ás 11.30. En Vigo, pola mañá a visita será ao Pazo Quiñones de León e aos seus xardíns (11.30) e pola tarde, con punto de encontro na estatua do Bañista, ao casco histórico e ao ensanche. En Ferrol, á visita seá ao Arsenal. Sairá ás 11 da Praza Vella. E en Lugo as dúas visitas do día serán á cidade histórica, con saída ás 11 e ás 16.30 da Praza Maior.
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro