Evento: Día de Rosalía 2018

  • Día de Rosalía 2018
Día de Rosalía 2018
sábado, 24 febreiro, 2018 - 11:00
Varios espazos,
Santiago de Compostela

Día de Rosalía 2018

Lembrando a Rosalía de Castro no seu aniversario

O 24 de febreiro Rosalía de Castro está de aniversario, unha xornada a celebrar festexando á autora. A Fundación Rosalía de Castro conta cun programa de actividades previstas para a xornada e para o día que a precede. 

 

Programa de actividades

 

23 de febreiro

12.30. Padrón. Acto escolar de homenaxe a Rosalía no Espolón de Padrón e inicio polas rúas do “Caldo de Gloria”, con entrega de premios aos escaparates alusivos e a estrea dun vídeo sobre o tema.

20.30. A Coruña. Gala Rosalía de Castro no Teatro Colón. Diferentes artistas renderán tributo á poetisa galega máis grande de todos os tempos. Abe Rábade xunto con Natasia Zürcher, Najla Shami, Uxía con Serxio Tannus e Santi Cribeiro, Xiana Lastra con Andrea Porto e Tempo Catro transformarán en música os versos de Rosalía de Castro. Anxo Angueira, Cesáreo Sánchez Iglesias, Marta Dacosta e Rosalía Fernández Rial serán os encargados de recitar os poemas.

 

24 de febreiro

Santiago de Compostela 

11h. Alameda de Compostela: Ofrenda floral diante da Estatua de Rosalía

11.30. Capela do Hostal dos Reis Católicos: acto institucional. Ao final servirase o Caldo de Gloria.

Padrón 

18.30. Casa-Museo. Concerto de Trío Rosalía (piano, óboe e mezzo-soprano) no salón da Casa-Museo [entradas moi limitadas]

19.30. Caldo de Gloria para os asistentes na Casa-Museo preparado polo cociñeiro Pepe Solla.

 

Caldo de Gloria

Nesta edición, o día conta cunha actividade gastronómica, o chamado Caldo de Gloria, unha iniciativa inspirada no poema Miña casiña, meu lar no que a poeta explica como facer un caldo humilde. 

O Caldo de Gloria será servido na casa de Rosalía o mesmo día 24 e en establecementos hostaleiros de Padrón nesa xornada. Dende a Fundación Rosalía de Castro invitan a que calquera faga o mesmo caldo na casa (seguindo as instruccións do poema ou a receita publicada en 1905 por Picadillo) e a que os restaurantes de fóra de Padrón o inclúan na carta nesa xornada. Para que sexa algo máis que un prato de caldo invitan a que se comparta en redes sociais unha foto e, sobre todo, a que se lea un poema rosaliano trala comida. 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2023-24
23 de xuño a 31 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
XV Premio Atlante de Gravado
9 de setembro a 31 de maio
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Club de lectura infantil
14 de outubro a 24 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
XVI Premio Novela Europea "Casino de Santiago"
22 de decembro a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense