Evento: Muntadas. Estratexias do desprazamento

  • Muntadas. Estratexias do desprazamento
sábado, 17 febreiro, 2018 - 12:00 a domingo, 17 xuño, 2018 - 15:00
Centro Galego de Arte Contemporánea
, Santiago de Compostela

Muntadas. Estratexias do desprazamento

Videoarte e fotografías de Antoni Muntadas

Antoni Muntadas é o protagonista da mostra Muntadas. Estratexias do desprazamento, que pode ser visitada no CGAC en Santiago de Compostela entre febreiro e xuño. 

A obra de Muntadas aborda as estruturas que determinan o mundo actual e os seus marcos perceptivos. O seu traballo comezou nos anos setenta como unha reflexión sobre as condicións das estruturas mediáticas e as súas consecuencias políticas e sociais, empregando para iso as ferramentas do vídeo e da televisión. Nas súas exposicións combina a utilización de fotografía, proxeccións e videoinstalacions que conforman o que o artista busca que sexan espazos de reflexión ou dispositivos para a experiencia. 

A exposición, Estratexias do desprazamento, pode ser percorrida como un experiencia das problemáticas do desprazamento, entre a dimensión socio-política e a condición psicolóxica da individualidade. A mostra inclúe traballos videográficos pertencentes ao ciclo On Translation, tres vídeos máis recentes e imaxes de varias series de fotografías.

Máis eventos de tipo Exposición

Mostra sobre cerámica en Galicia no Museo Etnolóxico de Ribadavia
A olería en Galicia: unha mirada a partir dos fondos do Museo Etnolóxico
10 de novembro a 31 de outubro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Xogas? Pensamos en enerxía!
Xogas? Pensamos en enerxía!
28 de novembro a 15 de xullo
Muncyt
This Is Not An Exit
This is not an exit
1 de marzo a 16 de setembro
Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa