Evento: Peza do mes: Vasillas. Enterramento de Lavandeira

  • Detalle das pezas protagonistas da Peza do Mes de xaneiro
  • Portada da publicación da Peza do Mes
mércores, 17 xaneiro, 2018 - 20:00
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
, Ourense

Peza do mes: Vasillas. Enterramento de Lavandeira

Presentación pública e conferencia para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo arqueolóxico do Museo

As vasillas protagonistas do estudo deste mes apareceron de forma fortuíta na realización dunhas obras por parte de particulares hai varios anos, nunha leira de en San Salvador de Vila de Rei (Limia, Ourense). Apareceron intactas, no interior dunha estrutura de pedra, que podería ser un enterramento, da que se recuperou tamén unha laxe plana de granito duns 60 cm de longo, como posible tapa.

As vasillas recuperadas son unha xerra e un cunco completos, feitos a man, en perfecto estado de conservación, o que lles outorga unha singularidade todavía maior. En xeral, os trazos que presentan son coherentes coa olería que se ven rexistrando en xacementos da Idade do Bronce do noroeste ibérico.

Coma cada mes, o Museo fará unha presentación pública, neste caso ademais porque se trata de pezas de recente incorporación, na que estas serán tratadas dun xeito pormenorizado, afondando no seu contexto e características, posibles datas, filiacións, etc. na procura da súa revalorización.

Ademais da súa presentación pública, edítase un folleto na web do museo (www.musarqourense.xunta.gal) no que mensualmente un especialista ou investigador da a coñecer a historia particular, o contexto histórico e as características formais e de estilo da peza escollida.

A presentación, neste caso, correrá a cargo de María del Pilar Prieto Martínez (Grupo Síncrisis, Investigación en Formas Culturais, da Universidade de Santiago de Compostela)

As pezas permanecerán expostas todo o mes na Sala da exposición "Escolma de escultura" en San Francisco (Ourense). 

Acceso gratuíto.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Exilio, inmigración e refuxio
23 de xullo
Museo Etnolóxico de Ribadavia
50 anos do Maio do 68
28 de maio a 30 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Viaxar sen saír da casa
5 de xuño a 16 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Xabier P. Docampo (Rábade 1946 - A Coruña 2018)
10 de xullo a 31 de agosto
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés