Evento: Os Rockenstein

domingo, 25 febreiro, 2018 - 18:00
Auditorio da Xuventude
, Cambados
Espectáculo teatral-musical para toda a familia da compañía Malasombra

Sinopse: O profesor Rockenstein é un brillante científico que pasa a súa vida metido no laboratorio investigando novas fórmulas para beneficio da humanidade. Pasa os seus días entre probetas, computadores, tubos de ensaio e microscopios, mentres goza da súa gran paixón: o rock&roll. Pero Rockenstein está triste, sentese só. E de súpeto xorde a gran idea da súa vida: crear unha criatura! Un fillo con quen poder compartir o amor pola ciencia e polo rock&roll. Pero algo falla, a revolucionaria maquinaria que acaba de inventar vólvese tola e non sae un fillo, empeza a cuspir neles ata que saen tres.

Non só ten con quen compartir a súa vida e as súas paixóns, ten a súa nova familia con quen montar a Rockenstein band.

Os Rockenstein é un espectáculo de teatro-musical con 10 cancións orixinais para público infantil e familiar.

 

Elenco:

Sandra Iglesias

Carlos Mosquera "Mos"

Jouse García

Xoque Carbajal

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Da avaricia, a luxuria e a morte
14 de decembro, 20:30
Teatro Jofre
Lo nunca visto
14 de decembro, 20:45
Centro cívico cultural
O mundo máxico de Pinocho
15 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío
A galiña azul
15 de decembro, 18:00
Aula Municipal de Cultura de Betanzos