Evento: Gaia

Gaia
domingo, 5 maio, 2019 - 18:00
Pazo da cultura,
Carballo
Espectáculo de danza infantil a cargo da compañía Entremans

Entremáns presenta unha peza didáctica para público familiar, Gaia. Realiza así o seu segundo espectáculo infantil, logo da boa acollida que tivo a nivel nacional o seu anterior espectáculo, Xoga.

Gaia afonda nun tema de suma importancia hoxe en día: o noso planeta.

Un proxecto no que a idea fundamental é achegar coñecementos desde unha óptica visual e imaxinativa.

O espectáculo vai dirixido a un público infantil e familiar, a partir de 3 anos, cunha linguaxe moi atractiva e sumamente coidada.

Gaia é un percorrido  singular no que a pintura, a música, o audiovisual e a danza axúdannos a descubrir e comprender a intensidade, o poder, e a beleza das características do noso planeta e os seus tesouros naturais.

Unha historia en movemento para descubrir as características da terra, os mares e a atmosfera así como a interacción entre as persoas e o medio ambiente.

Dirección, creación e interpretación: Kirenia Martínez e Estefanía Gómez

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Noso
18 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
19 de abril, 19:30
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Neura
19 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Hasta que la muerte nos separe
19 de abril, 20:00
Teatro Principal de Ourense - Ourense - Ourense