Evento: PequeFilmes 2018

PequeFilmes 2018
sábado, 20 xaneiro, 2018 a domingo, 21 xaneiro, 2018
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

PequeFilmes 2018

Volve ao Gaiás o Festival de Curtas Infantis con proxeccións, premios do público e obradoiros

Volve ao Gaiás o festival de cinema que a cativada da casa levaba un ano agardando: PequeFilmes. Toda unha fin de semana de proxeccións, votacións, premios do público e obradoiros cos que dar resposta á demanda dun público pequeno en tamaño pero grande en esixencias.

Durante os días 20 e 21 de xaneiro de 2018 o Museo Gaiás ofrecerá unha emocionante e amplísima escolma de curtas, moitas delas premiadas e seleccionadas nos festivais de cinema infantil, xuvenil e de animación máis importantes do mundo (Annecy, Chicago ICFF, Animamundi, Animafest, Dresdner Kinderfilfest...).

A programación de PequeFilmes 2018 recolle, deste xeito, o máis destacado da produción internacional actual dedicada a esta audiencia, ademais de que se converte unha oportunidade única para que vexan pezas audiovisuais de gran calidade que, en moitas ocasións, quedan fóra do seu alcance polos circuítos convencionais.

Nesta segunda edición, ás seccións Miñocas (dirixida a rapaces de entre 4 e 8 anos) e Fanecas (de entre 9 e 12) engádeselle como unha categoría fóra de concurso, Vagalumes, orientada ao público de entre  0 e 3 anos, completando así unha oferta integral, que abarca todas as etapas da infancia.

É evidente de que os nenos e nenas son os protagonistas deste festival, pero non só como espectadores, senón como parte activa, xa que terase en conta a súa ollada crítica para conceder os dous premios (Miñocas e Fanecas) aos mellores traballos exhibidos.

Xunto ás proxeccións, PequeFilmes ofrecerá tamén diversos obradoiros nos que pesa por igual a súa vertente formativa como a de experiencia familiar. Neles, todos os membros da familia compartirán a aprendizaxe de técnicas e conceptos fundamentais no proceso da creación cinematográfica e da animación. Uns coñecementos que poderán seguir desenvolvendo posteriormente nos seus fogares para divertirse creando xuntos pequenas películas en familia.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Museos de cine
17 de abril a 5 de xuño
Museo de Belas Artes
Luces al atardecer
20 de abril
Filmoteca de Galicia
Perdición
23 de abril
Filmoteca de Galicia