Evento: A leituga

sábado, 25 maio, 2019 - 20:00
Auditorio Municipal Reveriano Soutullo
, Ponteareas
Espectáculo teatral a cargo da compañía Eme2 emoción&arte

Elenco:

María Vázquez
Antonio Durán "Morris"
Federico Pérez
José Barato
Mercedes Castro

Cinco familiares, tres irmáns e as parellas de dous deles, reúnense na casa da irmá maior para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma desde hai nove anos. O que de primeiras semella unha sinxela celebración, convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se responsabiliza dos coidados do pai.  

A Leituga aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos pasamos ou pasaremos nalgún momento nas nosas vidas. Que facer cos nosos pais cando se achegan á morte?

A través destes cinco personaxes cos seus puntos de vista e as súas diferentes realidades, viaxaremos polos vínculos, lealdades e deslealdades da familia, as parellas, os irmáns, os pais e os fillos. Os asuntos non resoltos, as contas pendentes.

O sacrificio e a culpa. O odio e o rancor. A moral e a ética. A esperanza e a aceptación. Os medos, as miserias, a procura da felicidade. A decadencia da “familia”, a responsabilidade, a eutanasia, a felicidade, a vida e a morte.

 

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Perplexo
29 de xuño, 20:00
Teatro Coliseo Noela
Radio Bulebule
12 de agosto, 20:30
Parque Ansuiña
Loló e mamá
20 de setembro, 22:30
Auditorio Edificio Multiusos