Evento: A leituga
A leituga
Elenco:
María Vázquez
Antonio Durán "Morris"
Federico Pérez
José Barato
Mercedes Castro
Cinco familiares, tres irmáns e as parellas de dous deles, reúnense na casa da irmá maior para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma desde hai nove anos. O que de primeiras semella unha sinxela celebración, convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se responsabiliza dos coidados do pai.
A Leituga aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos pasamos ou pasaremos nalgún momento nas nosas vidas. Que facer cos nosos pais cando se achegan á morte?
A través destes cinco personaxes cos seus puntos de vista e as súas diferentes realidades, viaxaremos polos vínculos, lealdades e deslealdades da familia, as parellas, os irmáns, os pais e os fillos. Os asuntos non resoltos, as contas pendentes.
O sacrificio e a culpa. O odio e o rancor. A moral e a ética. A esperanza e a aceptación. Os medos, as miserias, a procura da felicidade. A decadencia da “familia”, a responsabilidade, a eutanasia, a felicidade, a vida e a morte.