Evento: O mundo máxico de Pinocho

O mundo máxico de Pinocho
sábado, 15 marzo, 2025 - 18:00
Teatro Pastor Díaz,
Viveiro

O mundo máxico de Pinocho

Espectáculo de teatro infantil de EducaTeatro Producións

Eu son Pepín, o Grilo Pepín, e a historia que vos vou contar neste espectáculo comeza no taller dun carpinteiro, Geppeto.

El é un home con idade dabondo para ser avó pero que nunca tivo fillos. Un bo día chegou ás súas mans un anaco de madeira moi, moi especial, e con todo o seu cariño traballouno ata convertilo nun fermoso boneco, Pinocho. 

Geppeto soñaba con que Pinocho cobrara vida. Tan forte e sinceiro era o seu desexo que esa mesma noite a Fada Mimadriña presentouse na súa casa para encher de vida ao boneco e cumplir así o soño de Geppeto.

Pinocho, cheo de vida e desexoso de convertirse nun neno de carne e óso, descubrirá o mundo de camiño á escola. Un camiño cheo de aventuras e desventuras que vivirá xunto con Gato e Raposo. Nunha delas atoparanse cun Circo de Monicreques, que maravillará ao noso protagonista. Un circo gobernado por un maléfico titiriteiro que raptará a Pinocho, vendo nel unha oportunidade para facerse de ouro. Coa axuda da Fada Mimadriña, quen lle ensinará que todo o que soñe será posible con esforzo, ilusión, e un pouquiño de maxia, conseguirá escapar e reencontrarse co seu pai Geppeto. 

Ao longo do espectáculo o noso protagonista aprenderá, grazas ao seu nariz, a importancia das boas amizades e que as mentiras non levan a ningures.

 

                                                                                         

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Quen dixo medo!
2 de novembro, 17:00
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense
Xoguetes rotos
2 de novembro, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Coa cabeza nas nubes
2 de novembro, 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Un deus salvaxe
6 de novembro, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo