Evento: Sherlock Holmes
Sherlock Holmes
Sherlock Holmes
Espectáculo de maxia de Cayetano Lledó
Sherlock Holmes é un espectáculo de teatro con comedia, maxia e moito humor. Un show dirixido a público familiar.
O famoso detective tentará resolver o misterioso roubo da mansión. Os feitos producíronse durante a noite na que a baronesa celebraba o seu aniversario.
Que ninguén saia da casa! Todos son sospeitosos! O cociñeiro, o maiordomo, todos os convidados. A propia baronesa tamén é sospeitosa! Mesmo algún espectador do público podería ser o culpable...
Coa axuda do público Sherlock resolverá o caso. A duración do show é de 70 minutos.
.
Ligazóns