Evento: Cinema Crianza

  • Cinema Crianza
  • Cinema Crianza
Cinema Crianza
venres, 15 decembro, 2017 a domingo, 17 decembro, 2017
Distintos espazos da vila,
Ames

Cinema Crianza

Primeiro festival internacional de cine infantil de Ames

Esta mostra de cine achega distintas curtas e longametraxes de animación, ficción e documental aos públicos menores de 12 anos do concello de Ames.

Cinema Crianza ten dúas seccións competitivas de curtametraxes, Buxainas e Axóuxeres. A categoría Buxainas englobará aquelas curtametraxes dirixidas a un público de entre 3 e 7 anos e cunha duración que non supere os 25 minutos. Pola súa banda, a categoría Axóuxeres acollerá as curtas creadas para nenas e nenos dos 0 aos 3 anos, que teñan un máximo de 10 minutos de duración.

Fóra da sección competitiva, tamén se proxectarán curtas e longametraxes que, neste caso, estarán destinadas a rapazas e rapaces de entre os 7 e os 12 anos.

O festival Cinema Crianza contará con filmes feitos en Galicia, ademais de pezas que proceden de 36 países dos cinco continentes. 

A programación poderase ver nas Casas da Cultura de Milladoiro e Bertamiráns.

 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos