Evento: Paisajes de extinción
Paisajes de extinción
Paisajes de extinción
Espectáculo de teatro contemporáneo a cargo de Anómicoteatro
A poética do abandono.
O relato que subxace na peza é a extinción do salvaxe, do indómito, fronte á ocupación humana de todos os territorios -para obter deles recursos-. Á vez que se abren novas vías de comunicación, ábrense canles á continua colonización e desaparición do natural. Mesmo naqueles lugares abandonados polo home -tras unha rápida industrialización doutros-, xorden propostas de humanización e de re-explotación, xa sexa mediante o turismo ou a través de calquera outra idea capaz de producir bens.
E con todo, con frecuencia, o extinguido regresa para re-ocupar o abandonado, a vida renace nos solares, a natureza recupera terreo nas gretas.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Espectáculo