Evento: O cinematomago
O cinematomago
Un cinematógrafo é un aparato que permite proxectar imaxes creando unha sensación de movemento, e un mago é unha persoa que ten a capacidade de conseguir cousas extraordinarias cos seus poderes sobrenaturais. O cinematomago é esa personaxe que converte esas imaxes en movemento en maxia.
Todos e todas escoitamos falar nalgunha ocasión da “maxia do cine”. Pois nesta ocasión, a través do seu cinematomago, o mago Paco fará desta frase unha realidade presentándonos distintos clásicos do cine de todos os tempos a través da maxia. Convertindo esas míticas esceas nun espectáculo máxico en directo e coa colaboración imprescindible do seu público.
Emoción, lembranzas, gargalladas e moita ilusión nos agardan neste novo espectáculo do noso mago infantil favorito.
Máis eventos de tipo Espectáculo