Evento: Festi=
Festi=
xoves, 2 novembro, 2017 a xoves, 14 decembro, 2017
Varios espazos da cidade,
A Coruña Festi=
Festival de artes pola inclusión cultural na cidade da Coruña
FESTI= é o Festival de artes pola inclusión cultural, un punto de encontro para que toda a cidadanía teña a oportunidade de coñecer e gozar da cultura sen barreiras.
Este é un festival expandido, con varias citas e proxectos, e cunha data protagonista: o 3 de decembro, Día internacional da diversidade funcional e sensorial. Será unha xornada que terá como protagonistas ás entidades sociais da cidade, e que estará chea de actividades para todos os públicos e libre de barreiras físicas ou sensoriais.
REQUISITOS: Para participar nos obradoiros é necesario inscrición enviando un mail a festigual.coruna@gmail.com
Máis información sobre o programa aquí.
Ligazóns