Evento: Seminario sobre o Pazo de Lourizán
Seminario sobre o Pazo de Lourizán
A Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra (AMUPo) celebrará un Seminario sobre o Pazo de Lourizán os días 24, 28 e 29 de novembro de 2017 entre a Casa Fonseca (Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra) e a Casa das Campás, sede da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.
O día 24, na Casa Fonseca, será a presentación do Relatorio sobre a protección do Pazo de Lourizán, elaborado por Ciara Cabodevila. O 28, xa na Casa das Campás, haberá dúas conferencias, unha sobre os restos arqueolóxicos da parroquia de Lourizán, por Antonio Peña, e outra sobre Eugenio Montero Ríos, por Ernesto Vázquez-Rey. O 29, na mesma localización, abordaranse a última reforma do pazo, por Jorge Barrencheguren, e os elementos decorativos do pazo, por Mª Ángeles Tilve.
O Seminario enmárcase dentro da programación do Ano do Patrimonio da Deputación Provincial de Pontevedra e conta coa colaboración da institución provincial, do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, do Museo de Pontevedra e da Casa das Campás.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso