Evento: Belén Electrónico de Begonte

domingo, 2 decembro, 2018 a domingo, 27 xaneiro, 2019
Centro Cultural José Domínguez Guzmán
, Begonte

Belén Electrónico de Begonte

Belén electrónico en movemento

O Belén electrónico de Begonte móntase no Centro Cultural José Domínguez Guzmán de modo ininterrompido desde o ano 1972. Inaugúrase o primeiro domingo de decembro e pódese visitar ata o último sábado de xaneiro. A súa singularidade vén determinada polo mesmo feito de realizar un Belén con pezas artesanais e mecanismos electrónicos para o seu movemento. Ocupa unha superficie de 150 m² con máis de 150 figuras. Estas pezas renóvanse cada ano e son feitas polos veciños que as fan desinteresadamente. As figuras representan os oficios tradicionais: labregos, pastores, carpinteiros, pescadores...

Múltiples actividades de carácter cultural son celebradas arredor do belén. Este evento converte Begonte nun lugar de visita imprescindible no Nadal.

A sala contigua alberga o Museo do Belén onde se pode ver o primeiro mecanismo que movía o Belén (1971-1972-1973), construcións e as pezas que van sendo retiradas do Belén.
 

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Entroido de Cobres
16 de febreiro
Casa da Cultura de Riomaior
Entroido de Xinzo de Limia
16 de febreiro a 17 de febreiro
verios espazos
Entroido de Verín
21 de febreiro
varios espazos
Entroido de Laza
22 de febreiro
varios espazos