Evento: #Cineuropa31

  • Cineuropa31
martes, 7 novembro, 2017 a martes, 28 novembro, 2017
Varios espazos
, Santiago de Compostela

#Cineuropa31

A nova edición do Festival Cineuropa enche Santiago de Compostela de filmes

O festival Cineuropa celebra a súa 31ª edición levando a Santiago de Compostela 264 filmes. Unha ampla escolma de cine europeo, estatal e galego, repartidas en 19 seccións, entre as que hai que destacar o ciclo temático Novecento: o século das revolución, co gallo do centenario da Revolución Rusa. 

Ás clásicas Sección Oficial Europea, Panorama Internacional e LatidoAmericano se lle engaden, ademais, unha sección pensada para os máis novos, Cineuropa miúda. #Cineuropa31 inclúe tamén un programa que toma por eixo temático a defensa dos dereitos humanos, retrospectivas de autores de cinematografías próximas, como Pedro Pinho e Claude Sautet, lembranzas a figuras do cinema que xa non están connosco, como o actor Federico Luppi, e a tradicional Maratón. 

Son 22 días de cine repartido en sete espazos da cidade: o Teatro Principal, o Salón Teatro, Cinema Numax, CGAC, Sede Afundación, Multicines Compostela e o Auditorio de Galicia. 

Ao longo do festival se recoñecerá aos galardoados cos Premios Cineuropa 2017: os directores Costa-Gavras, Manuel Martín Cuenca e Carla Simón e o actor Leonardo Sbaraglia. 

A programación completarase con homenaxes, concertos e encontros con cineastas que visitarán o festival para dar a coñecer as súas creacións.

A edición #Cineuropa31 inaugurarase o día 7 de novembro coa proxección no Teatro Principal do filme La villa, coa que o festival fai unha chiscadela aos seus 30 anos de historia, apelando ao novo traballo dun dos seus directores máis icónicos: Robert Guédiguian, a quen mesmo se lle dedicou unha sección (Marsella, o universo Guédiguian) en 2003. 

Máis eventos de tipo Festival

Bar-Tolo Is Not Dead
9 de xuño a 29 de decembro
Sala Malatesta
FIOT Carballo
FIOT - Festival Internacional Outono de Teatro
28 de setembro a 31 de outubro
Varios espazos da vila