Evento: Belén Artesanal en Movemento

domingo, 2 decembro, 2018 a domingo, 13 xaneiro, 2019
Parroquia de Campaña
, Valga

Belén Artesanal en Movemento

Unha das composicións de Nadal máis espectaculares de Galicia

O Belén Artesanal en Movemento de Valga é unha das composicións do Nadal máis espectaculares de Galicia e non só polas súas dimensións, xa que non se limita a recoller escenas típicas da tradición relixiosa senón que incorpora tamén elementos da actualidade. Desde 1995 é un dos acontecementos sociais e culturais máis importantes e esperados do ano, e non só para os veciños de Valga, senón tamén para miles de persoas que se trasladan desde diferentes puntos de Galicia a admirar de preto as figuras talladas a man que representan todo tipo de motivos do Nadal e tamén aspectos relacionados coa actividade e a actualidade en Valga e en toda España. É posible grazas ao esforzo e dedicación dun grupo de veciños a través da Asociación Cultural de Amigos do Belén de Valga e Concello de Valga.

As escenas que se representan non son as típicas dun deserto e camelos, que tamén os hai, senón que tamén se pode ver como se realiza a a tradicional matanza do porco ou como unha señora muxe unha vaca, entre moitas das escenas da Galicia rural que se poden contemplar, nunha paisaxe con distintos microclimas dentro dun espazo de enormes dimensións. Está considerado como o belén artesanal en movemento máis grande de Galicia e un dos máis importantes de España. Consta aproximadamente de algo máis de 3.000 pezas, estando moitas delas en movemento.

Xunto ás escenas relixiosas clásicas como os Magos de Oriente e o nacemento do Neno, aparecen outras que fan referencia a tarefas tradicionais do rural galego (a matanza do porco, o ferreiro, a colleita do trigo, elaboración de viño e de bagazo, etc) e escenas locais da zona, como distintas procesións que se celebran ao longo do ano no municipio, a Festa da Mocidade ou a fábrica de ladrillos que hai xusto á beira de onde se sitúa o belén. Entre as figuras atópanse personaxes ilustres do municipio de Valga (A Bela Otero e Xesús Ferro Couselo) e de Galicia, como Rosalía de Castro, Castelao ou Camilo José Cela.

A actualidade social e política tamén ten cabida no Belén. 

As figuras e decorados están feitos de papel, escaiola, pasta de modelar, arame, madeira, pedra, etc, sendo o traballo completamente artesanal. No belén todo é artesanal e a maioría das veces reciclado. Por exemplo, os motores que moven as figuras, que son motores usados de limpaparabrisas ou cepillos de dentes eléctricos. Esta tradición artesanal non está rifada coas novas tecnoloxías, xa que a través dun computador e un programador simulan as distintas fases do día así como outros efectos (luz, son, neve, tronos e outros).
 

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Reconquista
30 de marzo a 31 de marzo
varios espazos
XXI Festa Encontro Degustación Millo Corvo
5 de abril a 7 de abril
Meiro
Festa da Ostra de Arcade
6 de abril a 7 de abril
Arcade
Semana Santa Santiago de Compostela
Semana Santa de Santiago de Compostela
12 de abril a 28 de abril
varios espazos