Evento: A olería en Galicia: unha mirada a partir dos fondos do Museo Etnolóxico

  • Mostra sobre cerámica en Galicia no Museo Etnolóxico de Ribadavia
  • Mostra sobre cerámica en Galicia no Museo Etnolóxico de Ribadavia
venres, 10 novembro, 2017 a mércores, 31 outubro, 2018
Museo Etnolóxico de Ribadavia
, Ribadavia

A olería en Galicia: unha mirada a partir dos fondos do Museo Etnolóxico

Mostra con diversos fondos cerámicos do Museo para reflexionar sobre a materia, o artesán ou a especialización na olaría galega

Na exposición "A olería en Galicia. Unha Mirada a partir dos fondos do Museo Etnolóxico. Ribadavia", téñense presentes os estudios sobre a materia en Galicia, pero non de xeito dogmático, senón cuestionando certos postulados. Así, revísase o determinismo económico na artesanía, o abuso de paralelos foráneos e o feito de non entender a actividade como un produto específico do estrato da poboación onde nace e se desenvolve. Son estes os tres grandes piares que soportan o relato construído polo comisario da exposición, Víctor Manuel Castro Carballal, que procura enlazar pasado e presente, construído de xeito lineal a través dos seguintes bloques:

  1. O carácter rural e popular da olería
  2. As ideas estéticas do colectivo
  3. As representacións simbólicas de raíz antropolóxica
  4. A toma de conciencia da mestría acadada
  5. De artesán a artista? Os novos retos e o panorama aberto no derradeiro cuarto do s.XX prolongándose até a actualidade

Unha mostra aberta, que busca incitar ao visitante non só a contemplación, senón tamén á reflexión crítica propia dun espectador (suxeito) activo.

Máis eventos de tipo Exposición

Foto Mar Caldas
Facedoras de Bueu
16 de maio a 30 de setembro
Museo Massó
Colección CGAC 25
Colección CGAC 25
1 de xuño a 30 de setembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Gaudí e a Sagrada Familia
6 de xuño a 30 de setembro
Espazo Cultural - San Martiño Pinario