Evento: Unha que non viches
Unha que non viches
sábado, 4 novembro, 2017 a sábado, 16 decembro, 2017
Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa,
A Coruña Unha que non viches
Unha selección de películas para pequenos cinéfilos e as súas familias
Comeza un novo ciclo de películas de animación para pequenos cinéfilos. Nesta ocasión, seleccionáronse catro títulos inesquecibles: O conto da princesa Kaguya, A vida de Cabaciña, Ga'Hoole: a lenda dos gardiáns e Kubo e as dúas cordas máxicas. En Unha que non viches cada membro da familia será recompensado dunha forma ou outra mentres se mergulla en tenros dramas familiares, aventuras máxicas ou lendas milenarias.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual