Evento: Encontro dos Itinerarios Culturais Europeos en Galicia

  • Encontro dos Itinerarios Culturais Europeos en Galicia
Encontro dos Itinerarios Culturais Europeos en Galicia
luns, 6 novembro, 2017 - 09:30
Centro Superior de Hostelería de Galicia,
Santiago de Compostela

Encontro dos Itinerarios Culturais Europeos en Galicia

Conmemoración de 30 aniversario da declaración de Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo

Os Itinerarios Culturais representan un modelo de xestión para poñer en práctica e fortalecer os valores fundamentais do Consello de Europa, preservar o patrimonio cultural e natural, a identidade e a diversidade; son unha base para o enriquecemento e o diálogo intercultural, e para o desenvolvemento económico a través de un turismo sostible.

Galicia participa activamente con itinerarios de características diferentes, o primeiro de todos eles  o Camiño de Santiago que, xunto cos demais, desenvolve uns valores que favorecen a cooperación cultural, a valoración do patrimonio e o enriquecemento persoal.

Este ano 2017 foi declarado por Nación Unidas o Ano Internacional de Turismo Sustentable para o Desenvolvemento. O obxectivo desta declaración é a protección do medio ambiente para conseguir un  desenvolvemento favorable.
O vindeiro ano 2018 foi designado como o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, patrimonio que abarca dende os xacementos arqueolóxicos ata as tradicións folclóricas e as artes.

Este ano representará unha oportunidade para concienciar sobre a importancia económica e social do patrimonio cultural como identidade e memoria, intercambio, cohesión social e integración.

A organización desta xornada ten como finalidade impulsar a participación dos diferentes interesados e dar a coñecer o traballo dos Itinerarios Europeos en Galicia, intercambiar e desenvolver estratexias innovadoras en materia de turismo cultural.

Descargas

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
'Made in Galiza' de Séchu Sende
26 de abril
Auditorio Afonso Eanes