Evento: MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea
MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea
O CGAC propón un ano máis un ciclo de talleres dedicados á arquitectura contemporánea para público infantil. Os talleres estarán dirixidos polo arquitecto Fermín Blanco e impartidos polo equipo didáctico do Sistema Lupo. O seu obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as ferramentas e as claves necesarias para interpretar a arquitectura do noso tempo a través das teorías, os proxectos e os traballos dos arquitectos e arquitectas máis importantes dos últimos tempos.
Durante as sesións aplicarase a didáctica do Sistema Lupo, tanto nos contidos como no material empregado. Lupo está constituído por unha serie de pezas modulares que permiten múltiples posibilidades combinatorias, formas, proporcións, xogos de equilibrio e estratexias de acción. É unha didáctica experimental que fomenta a reflexión e a creatividade individuais e o traballo en equipo a través do xogo e de dinámicas de construción a grande escala. A metodoloxía inclúe unha parte teórica, onde se exporá o pensamento e a obra de cada arquitecto ou arquitecta e, a continuación, abordaranse unha serie de retos construtivos.
Os talleres de arquitectura terán lugar o último fin de semana de cada mes e, ao longo desta edición tratarase o comunitarismo de Wright, o entusiasmo pola infancia de Van Allen, a visión urbana e social de Niemeyer, a experimentación de Buscher na Bauhaus, a continuidade interxeracional da escola do Porto, o espírito libre de Gray, as obsesións xeométricas de Tynn, ou a inspiración orgánica de Aalto e Marsio. Iniciaremos un paseo polo pensamento de homes e mulleres que representan a nosa tradición moderna e contribuíron a sentar as bases da arquitectura actual.
HORARIO: de 11 a 13 h
PROGRAMACIÓN - MANIFESTA, IMAXINA, EXPERIMENTA, SINTE!
(M) Frank Lloyd Wright. Taliesin. A comunidade autosuficiente
Sábado 28 de outubro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 29 de outubro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 9 ao 27 de outubro
(S) Lady Allen. A aventura da infancia
Sábado 25 de novembro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 26 de novembro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 6 ao 24 de novembro
(I) Niemeyer. Brasilia. A utopía feita cidade
Sábado 27 de xaneiro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 28 de xaneiro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 8 ao 26 de xaneiro
(E) Alma Buscher. Experimentación formal. BAUHAUS
Sábado 24 de febreiro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 25 de febreiro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 5 ao 23 de febreiro
(I) Escola do Porto_Tavora-Souto-Siza. Brincando cos mestres
Sábado 24 de marzo. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 25 de marzo. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 5 ao 23 de marzo
(S) Aileen Gray. Espírito libre
Sábado 28 de abril. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 29 de abril. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 9 ao 27 de abril
(E) Anne Tyng. Habitar a xeometría
Sábado 26 de maio. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 27 de maio. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 7 ao 25 de maio
(M) Alvar Aalto + Aino Marsio. Proxectar coa natureza
Sábado 30 de xuño. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 1 de xullo. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 4 ao 29 de xuño
INSCRICIÓN:
Todos os talleres son gratuítos. As persoas interesadas poderán inscribirse, dentro dos prazos establecidos, a través do correo electrónico cgac.educacion@xunta.gal indicando os seguintes datos: nome completo e idade dos participantes, número de teléfono e enderezo de correo electrónico de contacto, e nome do taller ao que desexan asistir. Poderanse inscribir un máximo de dous participantes mediante cada solicitude. As prazas cubriranse por orde de inscrición. As persoas solicitantes recibirán unha notificación por correo electrónico.
Máis eventos de tipo Obradoiro