Evento: Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)

  • Cranios privilexiados, unha das estreas do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)
  • Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)
xoves, 5 outubro, 2017 (hora sen determinar) a domingo, 15 outubro, 2017 (hora sen determinar)
Ourense
, Ourense

Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)

Contará tamén cos eventos do III Encontro Mulleres Creando

Ourense convoca a décima edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), que presentará en varios espazos da cidade as propostas de 13 compañías procedentes de diferentes puntos de España, Arxentina e Portugal.  Ademais, contará con mesas redondas, cursos e espectáculos do III Encontro Mulleres Creando, dedicado a analizar o papel feminino no teatro, a cultura e a sociedade.

Entre os espectáculos en cartel, estarán a estrea de Cranios privilexiados, da compañía galega Mofa e Befa, e as presentacións por primeira vez en España das montaxes Mirá! Miró! Mirando!, da portuguesa Arteimaxen, e Ninguna mujer nace puta, da arxentina Sonia Sánchez. Tamén se poderán ver obras das produtoras galegas Matarile, AveLina Pérez, Contraproducións e Voadora e Aldaolado e Mónica de Nut, estas últimas dentro do ciclo Mulleres Creando. Dende fóra de Galicia chegarán Pepa Plana (Cataluña), El Rayo Misterioso (Arxentina), Tiritirantes (Castela e León), Yllana (Madrid), Chápito (Portugal), Teatro del Noctámbulo (Estremadura) e Inconstantes (Madrid).  

Organizado por Sarabela Teatro, conta co apoio da Xunta de Galicia a través das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

Máis eventos de tipo Espectáculo

Saaabor!
22 de xuño
Malecón
Gothic Circus School
Gothic Circus School
22 de xuño
Sede Afundación de Pontevedra
Os Bolechas e o amigo Monte
23 de xuño
Auditorio Constante Liste da Ramallosa
Biblioteatro
28 de xuño
Biblioteca Pública Municipal do Porriño