Evento: Paseos pola Coruña literaria
Paseos pola Coruña literaria
Coñecer a cidade da man dos escritores que escribiron sobre ela, esta é a idea dos Paseos pola Coruña literaria, que durante o outono percorrerán a cidade guiados por catro escritores.
Os paseos serán os seguintes:
30 de setembro, de 12:00 a 13:30 horas. Con Xosé Luís Axeitos, cun paseo centrado nas Irmandades da Fala.
7 de outubro, de 17:30 a 19:00 horas. Con María Solar, seguinto os pasos dos protagonistas de Os nenos da varíola
21 de outubro, de 12:00 a 13:30 horas. Paseo sobre Agustín Fernández Paz, guiado por María Jesús Fernández.
4 de novembro, de 12:00 a 13:30 horas. Con Xabier P. DoCampo, tras os pasos do cinema na cidade.
É unha actividade dirixida a persoas maiores de 16 anos e cun límite de 55 prazas por paseo. A inscrición é gratuíta, pero debe ser feita previamente na conserxería do Centro Ágora.
A actividade é organizada pola AELG coa colaboración do Concello da Coruña
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro