Evento: Y

  • Y
venres, 29 setembro, 2017 - 20:00 a domingo, 4 febreiro, 2018 - 21:00
Centro Galego de Arte Contemporánea
, Santiago de Compostela

Y

Repasando a traxectoria de Álvaro Negro

A obra de Álvaro Negro protagonizou en Galicia exposicións individuais na galería Sargadelos de Santiago e Marisa Marimón de Ourense, así como na recentemente desaparecida SCQ. Tamén integrou a nómina de mostras colectivas importantes como Novos camiñantes ou o ciclo Miradas virxes. Agora, o CGAC repasará a súa traxectoria. 

Así coincidirán obras dalgunhas das súas series de mediados dos anos noventa, como Item Perspectiva ou Symmetrĭa; algúns dos seus primeiros traballos en vídeo da súa etapa londiniense; a serie de vídeos Monteagudo, o seu particular Mont Sainte-Victoire no corazón interior de Galicia; a súa serie de cadros Penumbrosos; así como unha coidada selección de traballos realizados nos últimos anos en diversos materiais como o espello —é o caso do paradigmático Cadro-Tumba—, pedra, tea de saco ou papeis, a maior parte deles inéditos.

Nesta exposición poderemos ver as súas primeiras pinturas, algunhas das súas series máis representativas, o seu traballo en vídeo e unha moi interesante reflexión sobre a arquitectura de Álvaro Siza, que se integra na exposición como parte activa e xeradora de novos percorridos e lecturas.

Esa mirada ao contexto, que o rodea, é significativa nos seus monumentais vídeos da paisaxe galega de Monteagudo, na parroquia de Codeseda, na Estrada, no interior de Galicia. Unha paisaxe e diferentes miradas a un mesmo lugar, mentres o tempo pasa. Unha repetición indefinida á que alude o título «Y».

David Barro é o comisario da mostra. 

Máis eventos de tipo Exposición

Cartel da exposición temporal
O mundo nas mans: Cartografía Escolar dos séculos XIX e XX
5 de febreiro a 31 de decembro
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)
Bogueira procedente de Francelos. Ribadavia. Foto. Santi M. Amil
A pesca fluvial a través da colección do Museo Etnolóxico
10 de xuño a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A arte de navegar. Exposición no Museo Massó
A arte de navegar
4 de agosto a 31 de decembro
Museo Massó