Evento: Cortapega
Cortapega
Cortapega
Microfestival de música electrónica
Cortapega, o microfestival de música electrónica organizado por Desconcierto Cultural, chega á súa cuarta edición. Nesta ocasión actuarán Museless, Playback Maracas, Mira, un lobo! e Nistra. Será na Fundación SGAE. O evento pechará cunha afterparty no Delorean Social pub a cargo de Onnlbn.
O festival quere poñer en valor a música electrónica para destacar os novos valores que saen de Galicia e, ao mesmo tempo, achegar á nosa comunidade aos artistas emerxentes de ámbito nacional e internacional.
As entradas xa están á venda a un prezo de 12 euros. O prezo en billeteira será de 15 euros.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto