Evento: Xornada de arquivos privados de familias e persoas
Xornada de arquivos privados de familias e persoas
Os arquivos e fondos familiares poderiamos entendelos como o resultado da acumulación de arquivos de persoas con vínculo de parentesco, aínda que con características diferentes. Hoxe recoñécese a súa natureza orgánica e o seu tratamento específico e diferenciado ten levado á aparición dunha arquivística especializada. O seu contido ofrécese polas institucións da memoria (arquivos, bibliotecas, museos) a historiadores, biógrafos e investigadores.
Nesta xornada, organizada pola Fundación Olga Gallego e a Fundación Penzol, varios especialistas de Navarra, Portugal e Galicia van presentar unha panorámica da situación destes arquivos a través de casos concretos.
Dirixida a persoal técnico de arquivos, investigadores/as, estudantes e público interesado
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso