Evento: Traducindo formas

Traducindo formas
luns, 25 setembro, 2017 a sábado, 30 setembro, 2017
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Traducindo formas

Celebramos o Día da Tradución

Obradoiro deseñado para conmemorar o Día da Tradución, no cal traballaremos coa linguaxe das formas que é o idioma universal. Repartirase entre os participantes unha historia ilustrada acompañada de textos nun idioma inventado que eles deberán traducir e contar. Poñeremos a funcionar a imaxinación e xogaremos a traducir formas recoñecibles e outras mais complexas que os rapaces deberán interpretar e traducir mediante a axuda de recortes para así transmitirlles aos outros compañeiros a súa idea e xogando así mesmo a que os outros a interpreten.

Sábado 30 de setembro, Sala Infantil,  ás 12:00 h.

Para nenos/as de 6 a 12 anos.

Por Noemi López

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Obradoiro

PINTURA SOBRE SEDA
19 de abril
Museo de Belas Artes
Escape Room: Os misterios da biblioteca
19 de abril
Biblioteca Pública Municipal Miguel González Garcés
Escola de escribas
19 de abril
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)
Obradoiro de creación de libros pai-pai
19 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola