Evento: Findes na Balea: Debuxando o Gaiás

Findes na Balea: Debuxando o Gaiás
sábado, 23 setembro, 2017 - 17:00
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

Findes na Balea: Debuxando o Gaiás

Obradoiro artístico para toda a familia

Cando debuxamos ollamos dun xeito diferente ao mundo que nos rodea. O debuxo pode ser moitas cousas: un entretemento, un xeito de representar a realidade da nosa contorna, un medio de coñecemento ou de expresión artística; así coma tantas outras cousas que poidamos imaxinar xa que, coma toda linguaxe, a plástica pode ser un vehículo de transmisión de coñecemento ao tempo que un fin cultural en si mesma. A marabillosa ferramenta do debuxo pódese empregar  para unha chea de posibilidades na vida dunha persoa, o desenvolvemento desta disciplina pode axudarnos no crecemento persoal mellorando as nosas habilidades de observación e a nosa capacidade de abstracción.

Descrición

Partirase da premisa e título da exposición: Da árbore a cadeira para programar unha actividade lúdica, coa que os rapaces e rapazas pasarán dúas horas en contacto coa natureza, sempre que o tempo o permita. Se o primeiro non fose posible, por ter unha meteoroloxía adversa, os usuarios/as do obradoiro non deben desanimarse xa que, de xeito absolutamente excepcional, terán a posibilidade de traballar en contacto directo coas pezas das exposición debuxando nas propias salas do museo e reinterpretando os materiais expostos nas salas.

Traballarase con ferramentas sinxelas e técnica seca, coma pastel, lapis ou ceras, que permiten poñer os trazos e cores ao servizo dos motivos que os rapaces e rapazas queiran reflectir. A dinámica do obradoiro pasa por un rápido percorrido a exposición centrándonos en como os diferentes artistas plasman as árbores e os bosques ensinándolle solucións técnicas que despois poderán empregar dun xeito práctico nos seus traballos para inmediatamente proceder ao debuxo dos elementos naturais do exterior ou do interior. 

Máis información: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/debuxando-o-gaias

Máis eventos de tipo Obradoiro

PINTURA SOBRE SEDA
19 de abril
Museo de Belas Artes
Escola de escribas
19 de abril
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)
Escape Room: Os misterios da biblioteca
19 de abril
Biblioteca Pública Municipal Miguel González Garcés
Obradoiro de creación de libros pai-pai
19 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola