Evento: Findes na Balea: Xardíns Portátiles

sábado, 16 setembro, 2017 - 17:00
Museo Centro Gaiás
, Santiago de Compostela

Findes na Balea: Xardíns Portátiles

Obradoiros creativos para toda a familia

No marco da exposición Da árbore á cadeira, este obradoiro  céntrase nas características da paisaxe galega e propomos un obradoiro para dar a coñecer as plantas que se dan espontaneamente no monte Gaiás, en particular aquelas que poden ser reutilizadas pola súa función ornamental.

Por que non utilizar plantas espontáneas para construír xardíns? Este é o desafío proposto! Aprender a identificar as plantas; onde e como poder recollelas, como reproducilas e que tipo de coidados necesitan. Cada participante creará o seu propio xardín portátil, que levará para a súa casa para aprender e gozar do seu coidado.

Descrición do obradoiro

A actividade comezará cunha visita á exposición Da árbore á cadeira deténdonos especialmente na obra Specific Site, de Jorge Perianes que representa unha paisaxe antrópica artificial. Interpretaremos a biodiversidade dos bosques de flora autóctona a través dos vídeos e as obras pictóricas e fotográficas da mostra. Seguidamente, levarase a cabo unha saída de campo en busca das plantas ventureiras, aprenderemos a recoñecelas, como reproducilas e o seu potencial como especies ornamentais.

Finalmente terá lugar o obradoiro de creación do xardín portátil. Os participantes disporán de material vexetal en maceta para transplantar, así como substrato, abono, etc., ademais dun envase móbil para realizar e transportar o xardín.

Tras esta completa xornada levarán para a casa un anaco do Bosque de Galicia co compromiso de coidalo con moito agarimo!

Máis información: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/xardins-portatiles

Máis eventos de tipo Obradoiro

Actividades para nenos e adultos todo o ano no Museo Liste de Vigo
Actividades didácticas no Museo Liste de Vigo
4 de abril a 30 de decembro
Museo Liste Vigo
Mesas de conversas en Inglés e Polaco
4 de setembro a 30 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Construíndo o noso libro ilustrado
23 de setembro
Biblioteca Pública Municipal P. Manuel Martínez Ferro
Obradoiro de submarinos
23 de setembro
Biblioteca Pública Municipal de Ourol