Evento: Festa de Exaltación do Marisco

xoves, 3 outubro, 2019 a domingo, 13 outubro, 2019
Varias localizacións
, O Grove

Festa de Exaltación do Marisco

Degustación de todo tipo de preparados de marisco nos expositores do recinto feiral

En torno á oferta gastronómica de luxo que se pode degustar en toda a localidade e nos expositores ubicados no peirao. O Grove programa unha festa con moitos alicientes, con concertos de recoñecidos intérpretes do panorama estatal e de grupos folk, o xa tradicional Certame de Habaneras, actuacións folclóricas, animación na rúa ou regata de dornas.

A sona da Festa do Marisco chegou fóra de Galicia, e cada ano rexistra maior afluencia de visitantes, atraídos pola calidade e a variedade do produto gastronómico estrela das Rías Baixas. Nos expositores do recinto feiral, é posible coñecer e degustar todos eles, preparados seguindo as máis tradicionais receitas ou de xeitos innovadores. A ritmo frenético, desde a mañá ata a noite, despáchanse milleiros de racións: arroces de marisco, navallas á prancha, ameixas á mariñeira, lagostinos, recoiro, vieiras ao forno...E, como compañía, a música de gaitas e bailes folclóricos, que non cesan durante toda a festa.

O acto protocolario da festa é a Gala de entrega das Centolas de Ouro, catro distincións que outorga o Concello do Grove a persoas e institucións que destaquen pola súa actividade vinculada ao Grove.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

V Feira do Mel de Montaña
V Feira do Mel de Montaña
16 de novembro a 17 de novembro
O viveiró
As San Lucas
17 de outubro a 20 de outubro
varios espazos
Feira dos Santos
1 de novembro
varios espazos
Festa da Castaña
2 de novembro
Seoane do Courel