Evento: As San Lucas

xoves, 17 outubro, 2019 (hora sen determinar) a domingo, 20 outubro, 2019 (hora sen determinar)
varios espazos
, Mondoñedo

As San Lucas

É unha das feiras tradicionais máis importantes de Galicia

As campás da catedral de Mondoñedo, acompañadas de potentes bombas, anuncian ao mediodía o comezo das San Lucas, unha das máis importantes feiras tradicionais de Galicia, cuxa orixe se remonta a 1156, ano no que Afonso VII concedeu á vila unha festa de oito días. E pola tarde ten lugar o pregón, en presenza da raíña das festas e as dúas damas de honra, o sanluqueiro, as autoridades e membros da Comisión de Festas e os xigantes e cabezudos, que desfilan ata o Auditorio Municipal acompañados dun grupo de gaitas.

O último día das festas é o día das maulas, no que todos os produtos da feira se venden a metade de prezo.

Non faltan charangas, xogos tradicionais, verbenas e concertos todos os días, e unha feira-mostra de produtos agroalimentarios e de maquinaria. Tamén se leva a cabo un concurso de andadura galega no recinto da Granxa.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Fonte de san Vicente
O Milagre de San Vicente
29 de xullo
Praza do Campo
Festa do Boi
6 de xuño a 14 de xuño
Varios espacios
Corpus Christi
13 de xuño a 15 de xuño
Varios espazos
Fogueiras de San Xoán
24 de xuño
Varios espazos