Evento: Roteiro do Centenario Da terra asoballada

  • Casa Museo Ramón Cabanillas
Roteiro do Centenario Da terra asoballada
sábado, 30 setembro, 2017 - 11:30
Praza da Peregrina,
Cambados

Roteiro do Centenario Da terra asoballada

Aniversario da publicación de ‘Da Terra Asoballada'

O roteiro centrarase na edición de ‘Da Terra Asoballada' de 1917, de Ramón Cabanillas, incluíndo a lectura dos poemas de dita edición. Abarcará os lugares máis significativos da vila de Cambados  como son Fefiñáns, A Calzada, O Convento, A Pastora, Santomé, e a Rúa do Hospital, vencellados ao nacemento, infancia, vida e morte do poeta, así como aos seus coetáneos, Asorei, Valle-Inclán e Plácido Castro. Tamén presentará as pegadas de Cabanillas nos creadores actuais do Salnés e en lugares de actividade cultural como o Pazo Torrado e a Biblioteca Luís Rei. 

Os asistentes estarán acompañados por Ramón Caride Ogando. As inscripcións ao evento deberán facerse na Biblioteca Municipal Luis Rei. 

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visita guiada ao museo e visita á salgadura de Mourisca
Visita guiada ao Museo e á Salgadura de Mourisca
6 de xullo a 27 de xullo
Museo Massó