Evento: Roteiro Aloia máxico, mítico e lendario

  • Monte Aloia
  • Roteiros Literarios
Roteiro Aloia máxico, mítico e lendario
sábado, 16 setembro, 2017 - 11:30
Monte Aloia ,
Tui

Roteiro Aloia máxico, mítico e lendario

O segundo dos Roteiros Literarios organizados pola AELG na provincia de Pontevedra percorrerá o Monte Aloia.

O segundo dos Roteiros Literarios organizados pola AELG na provincia de Pontevedra percorrerá o Monte Aloia. Os visitantes serán acompañados por Vítor Vaqueiro

O roteiro discorrerá pola capela de San Fins e o seu espazo murado adxacente, para baixar na procura da muralla, e visitar dous miradoiros, o do enxeñeiro Areses e o do castelo. Tamén inclúe a cruz que conmemorou o ano santo de 1900, que permite unha visión magnífica sobre o Baixo Miño e, finalmente a cama de San Xián, para terminar no mesmo punto que o do comezo. O percorrido relacionará as crenzas que relativas ao culto aos montes, os corpos santos, ou os santos hidróforos, así como os rituais levados a cabo en certos lugares do monte que teñen que ver coa pedra do sol e a pedra da auga.

As inscripcións deben facerse no Concello de Tui, no teléfono 986 603 625. 

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Compostela (d)escrita
23 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal