Evento: Pescando contos
Pescando contos
sábado, 23 setembro, 2017 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Pescando contos
Sesión de narración oral con Fátima Villamel
O mar, o misterioso mundo oceánico é o epicentro desta sesión. Contos salgados, mollados, contos vellos e novos, historias de peixes e de quen os pesca, historias das
nosas rías e tamén de mares remotos. Mergullarémonos nun mar de historias, nadaremos polas profundidades e sairemos á superficie para coller aire, remataremos salgados e empapados de palabra.
No salón de actos, para nenos e nenas maiores de 4 anos.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Máis eventos de tipo Espectáculo