Evento: O faiado
O faiado
Elenco: Sofia Espiñeira, Roberto Casal e Fredi Muíño
Dirección: José Luis Baños de Cos
Sinopse: Vera, Roi e Anxo son tres irmáns con xeitos moi diferentes de ver o mundo. Tras un acontecemento familiar que pode cambiar o curso das súas vidas vense na necesidade de chegar a un acordo para o cal terán que confrontar os seus idearios. A trama desenvólvese no faiado da casa do seu avó, onde medraron, xogaron e soñaron, alimentados polas moitas historias que este lles contou na sua infancia.
Diversas disciplinas como a música, a danza, o circo e os monicreques combínanse para desenvolver esta historia dirixida a público familiar onde a maxia e a ilusión aportará unha faísca fantástica deixando un bo sabor de boca no imaxinario do espectador.