Evento: Green wiht envy
Green wiht envy
Valentín Caamaño mostra e demostra con sinxeleza e mestría en oito cortes que é capaz de traer o pasado ao presente nunha viaxe sonora en grao sumo pracenteiro, que o be-bop está moi vivo e que non é só unha peza de museo" (Enrique Farelo sobre "Green With Envy", Tomajazz, febreiro 2017)
Novo proxecto paralelo do guitarrista compostelán Valentín Caamaño, no que rende homenaxe ao gran guitarrista Grant Green. Dedicado á súa memoria e sempre co blues como raíz e referencia, é capaz de captar a esencia da súa música e interpretación, pero a través da súa persoal forma de entendelas.
O proxecto non se expón como unha formación casual, senón que o trío, que completan o batería Andrés Rivas e o contrabajista Juyma Estévez, ten decidida vocación de continuidade e de traballo na difusión da figura do guitarrista de St. Louis.
Máis eventos de tipo Concerto