Evento: Planeta Ardora

  • Planeta Ardora - Galicia Escena Pro - Autor: Juampa Ameneiro
sábado, 4 maio, 2019 - 19:30
Auditorio municipal
, Cedeira
Espectáculo infantil a cargo de Títeres Trompicallo

Sinopse: Nun planeta, non moi lonxe, o espectador atopa un lugar; un verme branco atópao tamén e decide que chegou ao seu lugar. Está só. Por que aquí? Que ten este lugar? Moi bonito non é!

Un habitante, ancián, tamén atopa o lugar. El non está só, está o verme e non quere deixalo marchar. Por que? Que ten este Lugar? Algo debe de ter  porque veñen máis, uns cantos máis, todos diferentes, cada quen coa súa maneira particular de ver o mundo e ademais están dispostos a quedar, a entenderse, divertirse, convivir, a crear un fogar… A facer flores, eles saben como facelas. 

Pero hai outros que non saben facer flores, saben desfacelas, destruílas… e tamén atopan o lugar e tamén deciden quedar. Por que? Que ten este lugar? As respostas cando se apague a luz… ou cando se acenda.

Dirección: Marián González

Elenco: Luis González, Marián González e Sabela Amado

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Verbena galega
22 de xuño, 21:30
Parroquia do Val
Perplexo
29 de xuño, 20:00
Teatro Coliseo Noela
Radio Bulebule
12 de agosto, 20:30
Parque Ansuiña