Evento: A cincenta
A cincenta
A cincenta
Espectáculo de teatro infantil sobre a igualdade de xénero
Autora e directora: Tatiana Likhacheva
Elenco: Gema Ulloa e Fran Giraldo
Sinopse: Atopámonos nunha planta duns grandes almacéns. É de noite, un persoal de limpeza e un axente de seguridade son en realidade dous actores en paro, que reciben a chamada que tanto esperaban: están contratados! unha oportunidade, unica, que lles permite poñer a proba a súa imaxinación, a súa capacidade de resolver problemas e sacar adiante un proxecto, un tanto arriscado... terán que representar Cincenta, nin máis nin menos! pero... son dous mozos! Así que lles tocará descubrir como é iso de... "ser unha moza" .
Unha divertida comedia para nenos e nenas sobre a igualdade de xénero.
Ligazóns