Evento: A galiña azul

venres, 15 marzo, 2019 - 20:00
Teatro Municipal
, Tui
Espectáculo familiar a cargo da compañía Tanxarina

Elenco: Miguel Borines, Andrés Giráldez e Eduardo Rodriguez Cunha "Tatán"

A galiña azul é un espectáculo que mestura títeres e actores, baseado no conto homónimo de Carlos Casares. Está orientado ao público infantil e familiar, que é co que habitualmente traballa Tanxarina.         

A galiña azul resulta unha convincente arma contra a inxustiza, unha clara defensa da diversidade. Fai lembrar que aínda é posible loitar contra a homoxeneidade cando esta vén imposta, que formas alternativas de resistencia seguen existindo aínda que sexa pintando galiñas de azul e organizándose de xeito colectivo.

  Con esta peza seguimos explorando as posibilidades do teatro non só como desfrute e diversión, senón tamén como ferramenta de concienciación social e como parte importante na formación integral das persoas.

 

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Comenoites
24 de marzo, 12:00
Pazo da Cultura
Os fabulosos Cleaners
24 de marzo, 18:00
Auditorio Municipal de Vigo
Patapatúm 
24 de marzo, 19:00
Teatro Jofre
Commedia
24 de marzo, 20:00
Auditorio Municipal Hernán Naval