Evento: Ubú Rei

venres, 19 xaneiro, 2018 - 20:30
Teatro Colón
, A Coruña
Espectáculo teatral de Talía Teatro

Elenco: Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo, Marta Rios, Marta Lado e Rubén Prieto

Dirección: Roberto Salgueiro

Pai Ubu, impulsado pola súa ambiciosa muller Madre Ubú, asasina ao seu protector o Rei de Polonia, e a case toda a súa familia, para roubarlle os seus Estados. Despois dun breve triunfo instaura un reinado de corrupción e despotismo levados ata o absurdo.

Ubú Rei é unha obra imprescindible no teatro moderno pola súa permanente actualidade xa que é unha proposta cruel e traxicómica sobre os extremos da ruindade e da degradación do ser humano. A súa relevancia radica no desconcerto que provoca, e na destrución de case todas as normas e tabús do teatro contemporáneo.

O seu protagonista, o innobre e grotesco Ubú, vai directo ao corazón da conciencia burguesa e aínda hoxe a escandaliza nas súas numerosas representacións e adaptacións.

Nesta versión, Roberto Salgueiro ve indispensable conservar o carácter metateatral do texto, así como traballar sobre as dúas ideas centrais do mesmo: poder e sexo.

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contos para un mundo mellor
18 de xullo
Biblioteca Pública Municipal de Abegondo
Malo Será
Malo Será
19 de xullo
Centro Ágora
A casa do terror
20 de xullo
Casa da Cultura
Peter Pan
Peter Pan
20 de xullo
Teatro Afundación Vigo